Toque innovador para o lacón con grelos de Cuntis
Por Redacción
O chef Iván Méndez impartía, por segunda vez, unha clase maxistral para ofrecer un lacón con grelos cociñado de forma diferente pero sen perder a súa esencia. O obxectivo deste taller de cociña centrábase en elaborar unha preparación cun estilo innovador.
A Casa do Médico converteuse no escenario onde os asistentes puideron gozar das leccións do cociñeiro e resolver todas aquelas dúbidas que xorden na elaboración deste prato tradicional en Cuntis.
A este evento asistían estudantes de Habilitas Forgar, que tamén mostraron o seu bo facer na arte culinaria. O alcalde Manuel Campos tamén acudía a esta cita e a Televisión de Galicia ofreceu parte desta sesión nun programa en directo.
Relacionadas:
-
Cuntis pon en marcha un obradoiro de cociña de inverno
Por Redacción |
-
Milleiros de persoas enchen Cuntis nunha Festa do Lacón con grelos que bate records
Por Redacción |
-
O arrecendo do lacón con grelos xa se deixa notar por Cuntis
Por Redacción |
-
O humorista Xosé Antonio Touriñán, pregoeiro da Festa do Lacón con grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
Éxito na degustación de manxares de lacón con grelos na décima edición do Tapalacón de Cuntis
Por Redacción |