Os proxectos das rutas dos ríos Fabaíños e Dorrón ascenden a 780.000 euros
Por Oskar Viéitez
Os proxectos definitivos das rutas dos ríos Fabaíños e Dorrón están valorados en 780.000 euros, Acábaos de recibir o goberno local de Sanxenxo e a súa redacción tivo un custo de 20.000 euros. As rutas suman un percorrido 10,5 quilómetros.
A ruta de sendeirismo do río Dorrón ten unha extensión de 4.965 metros cun desnivel de 182 metros desde a desembocadura do río na praia de Areas ata o Muíño de Xian. O orzamento ascende a 393.783 euros.
Estímase un tempo de 2 horas e 20 minutos para o seu percorrido cuns desniveis de subida e de baixada de 182 metros.
A totalidade do trazado poderá ser percorrido a pé e en bicicleta, extremando a precaución en determinados puntos, nos que debido á estreiteza terán pasar a pouca distancia.
No caso da ruta de sendeirismo do Río Fabaíños ten 5.579 metros, que percorrerá as inmediacións da canle, desde a contorna do mercado de abastos de Portonovo ata o cruceiro de Monte Faro. É dicir, polas parroquias de Adina e Noalla. O orzamento desta actuación é de 385.089 euros.
Para completar o seu percorrido estímase un tempo de 2 horas e 30 minutos cuns desniveis de subida e baixada de 126 metros. Esta ruta tamén poderá ser percorrida en bicicleta.
A cesión de terreos por parte dos veciños para poder facer a ruta do río Dorrón está a xestionala Alfonso Real, concelleiro de servizos, coa axuda de veciños da zona. Para a ruta do Río Fabaíños, constituíuse unha comisión formada por 5 veciños das asociacións veciñais de Arra, Noalla e Adina que traballaron na localización de propietarios dos terreos afectados polo trazado da senda e das negociacións para lograr as cesións necesarias.
O trazado destas rutas realízase por zonas públicas e privadas. Por tanto, estase, levando a cabo un complexo traballo para obter a cesión dos terreos. Nestes momentos das aproximadamente 300 cesións necesarias, o goberno dispón xa dun 80% dos terreos.
Relacionadas:
-
Medio Ambiente apoirá a construción dunha senda no Río Dorrón
Por Redacción |
-
Comezan as obras da senda peonil na estrada PO-308, entre Major e Portonovo
Por Redacción |
-
Comezan as cesións para as sendas de Dorrón e Fabaiños
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños coñecen os anteproxectos das sendas de Dorrón e Fabaíños
Por Redacción |
-
Crean unha comisión para axilizar a senda fluvial do río Fabaíños
Por Redacción |
-
Telmo Martín retoma cos veciños o proxecto de senda fluvial ao longo do río Fabaíños
Por Redacción |