Comezan as cesións para as sendas de Dorrón e Fabaiños
Por Oskar Viéitez
O goberno local de Sanxenxo instalou oficinas temporais nas casas de cultura de Dorrón e de Adina para que os veciños poidan achegarse e facer efectivas as cesións dos seus terreos para o acondicionamento das novas sendas en Dorrón e en Fabaiños.
En Dorrón, das 400 cesións necesarias, preto dun centenar de veciños xa se achegaron á casa de cultura para formalizar as cesións dos seus terreos.
No caso da ruta do Río Fabaíños, son necesarias preto de 200 cesións das parroquias de Arra, Noalla e Adina. Para iso, os veciños dispoñen dunha oficina na casa de cultura, que estará aberta este xoves de 16.30 a 20.30 horas na que poden asinar as súas cesións ao Concello.