Medio Ambiente apoirá a construción dunha senda no Río Dorrón

Por Redacción

© Concello de Sanxenxo

© Concello de Sanxenxo

© Concello de Sanxenxo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, que o departamento que dirixe apoiará á administración local na construción dunha senda fluvial de case cinco quilómetros ao carón do río Dorrón.
Ángeles Vázquez coñeceu o contido do proxecto que pretende levar a cabo o Concello de Sanxenxo e que consiste na execución dunha senda que poderá ser usada por ciclistas e viandantes, e que será unha oportunidade para potenciar o valor das zonas rurais deste concello.
Esta futura ruta localízase entre as parroquias de Bordóns e de Dorrón e o punto de inicio será o lugar de Areas e ao longo dos seus case cinco quilómetros establécense varios puntos de interese como o pazo de Bermúdez da Maza, a Igrexa parroquial de San Xoán de Dorrón ou de San Pedro de Bordóns, os muíños do Felipe, da Costa e de Quintáns ou o de Xian ou muíño do Barreiro, punto final deste itinerario. Ao longo do trazado deste itinerario tamén se poden observar fontes e lavadoiros, como o lavadoiro do Outeiro en Dorrón.
A conselleira de Medio Ambiente mostrouse satisfeita con poder colaborar neste proxecto, xa que ademais de cumprir cunha vella reivindicación dos veciños de Dorrón, tal e como lle indicou o alcalde, é un exemplo de turismo vinculado coa natureza e de uso sostible do patrimonio natural.
A conselleira e o alcalde coincidiron en que esta senda converterase nun atractivo turístico máis deste concello litoral, que na época estival rexistra un importante incremento de poboación; polo que esta futura senda é unha ferramenta útil para dar a coñecer o patrimonio natural desta zona.
Relacionadas:
-
Comezan as obras de construción da senda fluvial de Dorrón
Por Redacción |
-
Os traballos na senda peonil de Dorrón comezarán este ano
Por Redacción |
-
Avanzan os traballos nas zonas verdes da senda entre Portonovo e A Lanzada
Por Redacción |
-
A Xunta colaborará co Concello de Sanxenxo na posta en marcha do Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
Os proxectos das rutas dos ríos Fabaíños e Dorrón ascenden a 780.000 euros
Por Oskar Viéitez |
-
Comezan as cesións para as sendas de Dorrón e Fabaiños
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños coñecen os anteproxectos das sendas de Dorrón e Fabaíños
Por Redacción |