Comisións Obreiras xustifica as baixas por enfermidade de varios traballadores no frío que se pasa no Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez
O sindicato Comisións Obreiras denuncia que, a pesar das baixas temperaturas que se dan nestes días, na Cidade Infantil Príncipe Felipe a calefacción a manteñen durante as horas do día a unha temperatura moi baixa, "o que fai que os nenos sintan frío do mesmo xeito que o persoal que traballa nos distintos servizos". Como consecuencia de varios traballadores atópanse de baixa por enfermidade.
Aseguran que a friaxe neste edificios "empeora a partir das 10 da noite, xa que se apaga ata as 6 da mañá". Polo que criticaron a "falta de sensibilidade persoal e política, despreocupándose non visitándoos nin preguntando por estes nenos e de como o pasan no Nadal". "Está claro que non son un reclamo para o voto", engadiron desde este sindicato.
Comisións Obreiras "convida" á presidenta da Deputación, Carmela Silva, á deputada delegada, e á Dirección "a que pasen unha soa noite no centro para que poidan comprobar a situación" e ínstalles a que non recorten o gasto nas "cuestións esenciais e prioritarias" porque "se está a xogar coa saúde dos menores e dos traballadores".
Relacionadas:
-
260.000 euros para reparar a cuberta e a fachada do auditorio do Centro Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras asegura que menores do Príncipe Felipe utilizan mantas durante o día para protexerse do frío
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación inicia a renovación da cuberta do patio de xogos do CEIP Príncipe Felipe
Por Redacción |