Amplían o prazo para presentar ofertas á concesión da cafetería da Praza da Liberdade
Por Redacción
O goberno municipal ampliou ata o próximo 31 de decembro o proceso para buscar inquilinos para a cafetería da Praza da Liberdade. Así o decidiu este luns a Xunta de Goberno local atendendo ás peticións trasladadas por algúns dos interesados durante a visita ao establecemento levada a cabo a pasada semana.
Con esta ampliación terán 14 días hábiles máis para presentar as súas ofertas.
Durante os últimos meses, o Concello realizou un estudo de viabilidade e un anteproxecto de reforma da instalación dado que presentaba diversas deficiencias.
Aquel informe conclúe que o investimento necesario será de 100.664,03 euros, que terán que ser asumidos polos licitadores, coa liberdade de adoptar as solucións técnicas e estéticas que consideren axeitadas, sen cambiar a estrutura da cafetería.
A instalación dispón de 139,5 metros cadrados construídos e ten a posibilidade de instalar terraza nas traseiras (157 metros cadrados) e tamén na parte dianteira (cara a Audiencia, de 46,7 metros cadrados).
O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, sinalou que o obxectivo é que a cafetería poida reabrir na primavera e que o principal interese do Concello é que estas instalacións sexan viables e que funcionen.
Relacionadas:
-
Queda deserta a adxudicación da cafetería da Praza da Liberdade
Por Alejandro Espiño |
-
Unha soa empresa opta a reabrir a cafetería da praza da Liberdade
Por Natalia Puga |
-
Novo intento para abrir a cafetería da Praza da Liberdade: propoñen contrato a 15 anos
Por Alejandro Espiño |
-
A cafetería da praza da Liberdade terá que ser reformada antes da súa reapertura
Por Alejandro Espiño |