Novo intento para abrir a cafetería da Praza da Liberdade: propoñen contrato a 15 anos
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal aprobou un novo proceso para buscar inquilinos para a cafetería da Praza da Liberdade. O contrato de explotación proposto polos técnicos do Concello inclúe un prazo de concesión de quince anos -coa posibilidade de unha prórroga por tres máis- e o pagamento dun canon mínimo de 12.000 euros anuais.
Durante os últimos meses, o Concello realizou un estudo de viabilidade e un anteproxecto de reforma da instalación dado que presentaba diversas deficiencias.
Aquel informe conclúe que o investimento necesario será de 100.664,03 euros, que terán que ser asumidos polos licitadores, coa liberdade de adoptar as solucións técnicas e estéticas que consideren axeitadas, sen cambiar a estrutura da cafetería.
A instalación dispón de 139,5 metros cadrados construídos e ten a posibilidade de instalar terraza nas traseiras (157 metros cadrados) e tamén na parte dianteira (cara a Audiencia, de 46,7 metros cadrados).
O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, sinalou que o obxectivo é que a cafetería poida reabrir na primavera e que o principal interese do Concello é que estas instalacións sexan viables e que funcionen.
PRÓRROGA DA TELEFONÍA DO CONCELLO
A Xunta de Goberno tamén aprobou prórroga do contrato de telefonía do Concello, tanto da fixa como da móbil, e a conexión a internet.
Trátase da última prórroga posible, polo que se instou ao servizo responsable a que inicie a redacción duns novos pregos para unha nova adxudicación. A prórroga da telefonía móbil foi á empresa Telefónica Móbiles por 32.016,60 euros e a telefonía fixa e internet a R, por 68.970 euros.
Relacionadas:
-
A cafetería da Praza da Liberdade será reformada para acoller un local social que xestionará a Federación Castelao
Por Oskar Viéitez |
-
Queda deserta a adxudicación da cafetería da Praza da Liberdade
Por Alejandro Espiño |
-
Unha soa empresa opta a reabrir a cafetería da praza da Liberdade
Por Natalia Puga |
-
Amplían o prazo para presentar ofertas á concesión da cafetería da Praza da Liberdade
Por Redacción |
-
A cafetería da praza da Liberdade terá que ser reformada antes da súa reapertura
Por Alejandro Espiño |
-
A cafetería da plaza da Liberdade sairá de novo a concurso
Por Alejandro Espiño |
-
A cafetería da Praza da Liberdade debe 106.000 euros ao concello
Por Oskar Viéitez |