Cuntis acolle unha xornada informativa sobre a teleasistencia domiciliaria que presta a Deputación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra organizou para este luns 19 unha sesión informativa para a veciñanza de Cuntis coa intención de informar sobre o servizo de teleasistencia domiciliario. Será a partir das 17.30 horas no Centro Sociocultural Xuvenil José Raído "Patelas".
Este servizo que a institución provincial financia en colaboración con 46 concellos de menos de 20.000 habitantes ten como finalidade evitar situacións de risco. Na actualidade a teleasistencia atende a ao redor de 600 persoas en toda a provincia.
O servizo permite que con só pulsar un botón, os usuarios recibirán asistencia inmediata durante as 24 horas ao día e durante os 265 días do ano.
Aténdense casos de angustia, soidade, accidentes domésticos, mobilización de recursos en caso de emerxencia sanitaria ou tamén se lle lembra á persoa usuaria a toma de medicación ou a realización de xestións. O servizo realiza chamadas telefónicas periódicas para manter un seguimento de cada usuario.