A política social da Deputación beneficiou no que vai de ano a 2.300 veciños da comarca
Por Redacción
Os programas de Cohesión Social da Deputación de Pontevedra beneficiaron este ano a preto de 2.300 veciños dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis, A Lama, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas, Vilaboa e Pontevedra, cun investimento de máis de medio millón de euros (547.677).
A institución provincial fixo este martes balance dos investimentos realizados no que vai de ano e explicou que se trata de programas de política social como os Servizos Sociais Comunitarios Básicos e o Servizo de axuda no Fogar; as axudas básicas de emerxencia e a teleasistencia, servizos dos que están excluídas Marín e Pontevedra por ter máis de 20.000 habitantes; e todos os programas de ocio, envellecemento activo ou respiro familiar dependentes da institución como Depotermal, Depo en Marcha ou Depo Aventura A Lanzada, entre outros.
A Deputación destiniou no que vai de ano ás políticas sociais de Barro un total de 41.968,51 euros dos que se están a beneficiar 90 veciños do concello. En Caldas de Reis, o investimento foi de 65.819,57 euros e as persoas beneficiadas, 120.
No Concello de Cuntis, a institución provincial investiu 48.212,85 euros para financiar as políticas sociais, que están a beneficiar a preto de 120 persoas. En A Lama a cantidade investida foi de 38.446,59 euros con programas que están a beneficiar a preto de 100 persoas.
En Marín, cun investimento de 8.599,8 euros, son máis de 250 veciños os que están a gozar dos programas de actividades que promove a Deputación. En Moraña, investiu 34.879,86 euros para financiar as políticas sociais, que están a beneficiar a máis de 120 persoas.
No Concello de Poio, a institución provincial investiu 107.638,23 euros para financiar as políticas sociais , que están a beneficiar a preto de 200 persoas. En canto a Ponte Caldelas, a Deputación investiu 55.045,33 euros para financiar as políticas sociais, que están a beneficiar a máis de 130 persoas.
En relación ao concello de Pontevedra, cun investimento de 39.639,5 euros, son máis de 785 veciños e veciñas os que están a gozar dos programas de actividades que promove a Deputación. En Portas, o investimento foi de 40.679,8 euros e os beneficiarios, máis de 130 persoas. En Vilaboa houbo un total de 33.686,71 euros para financiar políticas sociais que benefician a máis de 170 persoas.