Completadas as obras de acceso a media ducia de vivendas na Insua
Por Redacción
As obras de mellora dos accesos a media ducia de vivendas na parroquia da Insua quedaron completadas co asfaltado acometido nos últimos días. A veciñanza xa pode transitar en boas condicións, toda vez que as obras remataron tamén a rede de augas pluviais evitando os problemas de acumulación nun camiño cunha forte pendente.
A vía, situada nas proximidades do cemiterio da Insua, parte da estrada autonómica PO-244 e bifúrcase no acceso ás últimas dúas vivendas, unha delas en plena restauración. Nesta parte final carece de saída, o que aconsellaba tamén un correcto tratamento para facilitar que os vehículos puidesen dar a volta.
O acceso, como tantos no rural de Ponte Caldelas, contaba cun firme de formigón moi deteriorado e repetidamente parcheado, pero só na parte inicial, posto que o tramo final estaba en terra.
Agora toda a zona conta cun firme de asfalto de 5 centímetros de grosor. Ademais, completáronse as canles laterais no tramo inicial, o de maior pendente, e instaláronse dúas grellas de recollida de augas pluviais. A drenaxe realízase cun novo tubo soterrado.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas mellora o acceso a oito vivendas da parroquia da Ínsua
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas mellora o vial de entrada ao barrio do Val
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas mellora os accesos na Reigosa
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pon fin ao "illamento" de varias vivendas de Parada
Por Redacción |
-
Completan unha nova rede de pluviais na estrada entre Vilarchán con Contixe
Por Redacción |
-
O núcleo do Piñeiro, en Forzáns, xa conta cun acceso "digno"
Por Redacción |