Ponte Caldelas mellora o acceso a oito vivendas da parroquia da Ínsua
Por Redacción
Oito vivendas da parroquia da Ínsua contan por fin cun acceso digno. O goberno municipal de Ponte Caldelas, a través do seu plan de obras no rural, mellorou a accesibilidade do camiño coñecido como Carreira Ancha.
A vía, que estaba moi deteriorada e presentaba unha pendente moi pronunciada, ofrece tras os traballos de formigonado unha accesibilidade en condicións adecuadas para a veciñanza.
Os operarios optaron por pavimentar en formigón rugoso para garantir unha boa adherencia aos vehículos, toda vez que este acceso é o único co que contan as vivendas situadas nesta zona. O vello pavimento estaba completamente levantado e con numerosas pedras soltas.
O traballo, que abrangue máis de 200 metros, permitiu tamén mellorar a entrada ao camiño dende a estrada provincial que vai a Chaín, que se encontraba especialmente levantado e presentaba dificultades para o xiro.
O Concello prioriza as obras de mellora dos accesos polos que, diante da súa anchura non transita un vehículo de emerxencias, que presentan un moi deficiente estado de conservación ou que padecen serios problemas de acumulación de augas pluviais.