O núcleo do Piñeiro, en Forzáns, xa conta cun acceso "digno"
Por Redacción
Despois de moitas décadas de abandono, a veciñanza do lugar do Piñeiro, na parroquia caldelá de Forzáns, xa conta cun acceso en boas condicións despois de que o Concello habilitase un acceso "digno".
Os 300 metros dunha estreita e escorregadiza corredoira, pola que mesmo era difícil subir a pé, ten agora firme de formigón e uns tres metros de anchura rematado cun muro de contención de pedra.
Durante as obras tamén quedaron canalizadas as augas pluviais, que baixaban descontroladas nos días de choiva.
O acceso ao Piñeiro carecía de iluminación, toda vez que o cable tiña sido roubado e non se repuxera, acentuando a sensación de marxinalidade. Agora todos estes problemas quedan definitivamente solucionados, o que vai supoñer un aliciente para a revitalización da zona, pois algúns propietarios teñen intención de rehabilitar as súas vivendas.
O equipo de goberno agradeceu a colaboración dos veciños, que implicáronse persoalmente e cederon os terreos necesarios para gañar a anchura necesaria para permitir o paso dos vehículos.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas mellora o vial de entrada ao barrio do Val
Por Redacción |
-
Completadas as obras de acceso a media ducia de vivendas na Insua
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas mellora os accesos na Reigosa
Por Redacción |
-
A colaboración entre o Concello e a veciñanza permite recuperar o camiño entre A Reigosa e Vilarchán
Por Redacción |
-
O Concello asfalta o primeiro tramo da estrada municipal entre Rebordelo e A Esfarrapada
Por Redacción |