Cerdedo-Cotobade afronta a segunda fase da rehabilitación de lavadoiros e das accións de aforro enerxético
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade vai acometer un importante investimento medioambiental, cifrado en 146.000 euros, para impulsar a segunda fase da rehabilitación e sinalización de fontes e lavadoiros no territorio de Cotobade e a de implantación de accións de aforro enerxético no de Cerdedo.
Estas actuacións, financiadas co Fondo de Compensación Ambiental (FCA) 2018 da Xunta, dan continuidade á restauración de 14 mananciais en Tenorio, Augasantas, Carballedo, Corredoira, Loureiro e Borela e ás medidas de eficiencia eléctrica adoptadas en Figueroa, Pedre e Tomonde durante o pasado ano.
A liña competitiva desta orde de axudas concedeu ao municipio 120.000 euros, que se destinarán á recuperación integral dos lavadoiros de Senra (Borela) e Portiño do Cobo (Valongo), Fonte do Lameiro (Caroi) e dos fontelavadoiros de Cachadiña (Tenorio), Abrevadoiro do Toxo (Caroi), A Coviña (Corredoira) e A Casola (Caroi).
A outra metade da contía investirase no cambio dos puntos de luz nos lugares cerdedenses de Tresaldeas, Outeiro, Fondós e Os Castros para obter un mellor rendemento enerxético e rebaixar a factura municipal por este concepto.
Relacionadas:
-
O Plan de Eficiencia Enerxética de Cerdedo-Cotobade chega á cuarta fase con actuacións en 20 aldeas de Cerdedo
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade implanta sistemas de eficiencia na iluminación de Quireza e Vilalén
Por Redacción |
-
Os lavadoiros de Caroi, Borela, Tenorio, Valongo e Corredoira serán rehabilitados
Por Redacción |
-
Avanza a rehabilitación integral da histórica aldea de Fontán
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade activa a reparación de fontes e vías municipais
Por Oskar Viéitez |
-
Intenso plan de mellora de fontes e lavadoiros para evitar perdas de auga
Por Redacción |