Cerdedo-Cotobade implanta sistemas de eficiencia na iluminación de Quireza e Vilalén
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade instalou sistemas de eficiencia enerxética na iluminación pública de cinco aldeas de Quireza e no lugar de Vilalén.
O cálculo do goberno local é poder aforrar con esta medida ata o 63% do consumo debido ao mellor rendemento enerxético.
Acometéronse cambios nas luminarias de Tresaldeas, Outeiro, Fondós e Os Castros, por exemplo, sendo unhas zonas nas que se manterá o servizo á vez que se reduce o consumo, pasando de 68.451 quilovatios a só 25.363 tras cambiar 138 focos por outros novos de tecnoloxía led.
As accións de aforro enerxético estendéronse a Piñeiro, tamén na parroquia de Quireza, e a Vilalén, en Tomonde. Nestes lugares substituíronse as luminarias e equipos por 50 novos puntos de luz, o que permite rebaixar o consumo de 24.360 quilovatios a só 9.030.
Nesta actuación investíronse 86.000 euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.
"Ademais de substituír as antigas lámpadas por luminarias led, que conseguen un grao de eficiencia superior ao 50%, tamén estamos a adaptar os niveis de iluminación ás horas de sol grazas ao axuste na programación dos reloxos cun sistema de control de aceso que nos permite aforrar case 200 horas anuais de consumo", explicou ao respecto o presidente municipal, Jorge Cubela.
Relacionadas:
-
Cerdedo renovará o 70% da iluminación pública con sistemas eficientes antes de final de ano
Por Redacción |
-
O Plan de Eficiencia Enerxética de Cerdedo-Cotobade chega á cuarta fase con actuacións en 20 aldeas de Cerdedo
Por Redacción |
-
O Plan de Eficiencia Enerxética chega a 20 aldeas de Cerdedo
Por Redacción |
-
Rematan os traballos do Plan de Vías en Quireza e comeza co ensanchamento en Limeres
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade afronta a segunda fase da rehabilitación de lavadoiros e das accións de aforro enerxético
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade aforra 25.000 euros no servizo informático e no alumeado municipal
Por Redacción |