Intenso plan de mellora de fontes e lavadoiros para evitar perdas de auga
Por Redacción
O plan de acondicionamento e mellora de fontes e lavadoiros posto en marcha polo Concello de Cerdedo-Cotobade levou un impulso nas últimas semanas co desenvolvemento dunha actuación integral no conxunto existente en A Devesa, no territorio de Cerdedo.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, a brigada municipal de obras está rematando a reparación da infraestrutura, formada por unha fonte e un lavadoiro, que padecían importantes perdas de auga pola súa antigüidade e uso.
Os traballadores municipais tamén procederon á elevación do muro de contención co obxectivo de evitar desprendementos de pedras e de restos vexetais, que poderían deteriorar a infarestrutura ou provocar algunha incidencia.
Ademais de reparar os vellos lavadoiros e fontes que, pola súa antigüidade, padecen filtracións ou deficiencias, tamén se contempla a contrución de novas fontes naqueles lugares onde sexan demandadas polos veciños.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade afronta a segunda fase da rehabilitación de lavadoiros e das accións de aforro enerxético
Por Redacción |
-
O Concello adxudica melloras viarias en Famelga, Pazos, Valongo e Vilanova e renova o lavadoiro de Campodanta
Por Redacción |
-
Rehabilitan dúas históricas fontes en Trabazo
Por Redacción |