VÍDEO.- Desbordamento do río Verdugo en Ponte Caldelas e na Lama
Por Redacción
As augas do río Verdugo desbordaron durante a tarde deste domingo a canle ao seu paso polos municipios da Lama e de Ponte Caldelas. O caudal aumentou notablemente e baixaba con moita forza debido ao temporal Ana, que deixou máis chuvias esta tarde que todas as recollidas nestes municipios ao longo do mes de novembro.
Ao redor de 200 persoas que se atopaban nas instalacións do Pavillón de Deportes de Ponte Caldelas celebrando a xornada solidaria cos damnificados polos incendios forestais, tiveron que abandonar o recinto deportivo, que se suspendeu ante as inundacións da contorna. Non se rexistraron incidentes durante o desaloxo.
O grupo de asociacións e colectivos sociais agrupados baixo o nome xenérico de “Ponte Caldelas Solidaria” recadou 820 euros euros nesta xornada que tivo que se acurtar debido ao mal tempo.
A Garda Civil recomendou rematar o evento debido a esa suba do nivel do río Verdugo e a ameaza de que todos os arredores do recinto deportivo de Chan da Barcia quedaran anegados pola auga.
Relacionadas:
-
A Consellería do Mar, pendente da posible chegada de cinza á desembocadura do río Verdugo
Por Redacción |
-
A Xunta revisará integramente a pasarela de madeira do paseo da Lanzada
Por Oskar Viéitez |
-
As brigadas da Deputación resolveron máis de medio cento de incidencias en apenas 12 horas
Por Oskar Viéitez |
-
O día despois da borrasca Ana: "Llevo sobre 50 años aquí y nunca vimos una inundación tan rápida"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Despois de Ana, continuarán as chuvias febles nas Rías Baixas ata o sábado
Por Redacción |
-
O temporal levanta o paseo de madeira da Lanzada
Por Redacción |
-
Nivel de alerta vermella ante os fortes ventos de Ana, a cicloxénese explosiva que zorrega Galicia
Por Redacción |