Pontevedra mantén cinco estrelas Michelín

Por Alejandro Espiño
A gastronomía pontevedresa logrou manter, un ano máis, as cinco estrelas Michelín que tiñan os seus restaurantes. Así se desvelou no transcurso dunha gala celebrada no hotel Rizt- Carlton de Tenerife.
Así, Pepe Solla (Casa Solla), Pepe Vieira (Camiño da serpe), Yayo Daporta (Yayo Daporta) e Jorge Olleros (Culler de Pau) repiten este distintivo, que condecora anualmente aos mellores restaurantes de España e Portugal.
A quinta estrela foi para o restaurante Maruja Limón de Vigo. En total, Galicia obtivo este galardón once establecementos, os mesmos que o tiñan este ano. Queda fóra, como xa era coñecido, o restaurante Silabario de Tui ao cambiar de proxecto culinario e apostar agora polas tapas
Aínda que o nome do pontevedrés Pepe Solla volveu a estar nas quinielas de moitos para converterse no primeiro galego en lograr dúas estrelas Michelín, finalmente quedou fóra da terna de restaurantes que subiron un banzo máis.
O director internacional da Guía Michelín, Michael Ellis, destacou que a repartición de estrelas demostra que a gastronomía de España e Portugal "continúa nun espléndido momento" e que o nivel culinario de ambos os países "segue crecendo", converténdose xa un atractivo turístico "de peso".
Relacionadas:
-
Culler de pau, único restaurante galego entre os 200 mellores de Europa
Por Alejandro Espiño |
-
Pepe Solla, recoñecido como 'galego do ano' polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid
Por Redacción |
-
RADIO.- A Playlist: O espía Pepe Vieira que acabou nun cárcere de Guinea Ecuatorial
Por Marisa Ciordia |
-
Non hai festival no que se coma mellor que o PortAmérica
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- En casa de OIleros, Culler de pau
Por Marisa Ciordia |
-
Pepe Vieira proxecta converter o seu restaurante de Raxó nun Hotel da Natureza
Por Alejandro Espiño |
-
Os sabores 'atlánticos' de Pepe Solla, protagonistas do seu novo restaurante en Valencia
Por Alejandro Espiño |