O Concello instalará unha caldeira de biomasa no pavillón de Cuntis
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cuntis acaba de licitar a contratación da subministración e instalación dunha caldeira de biomasa que se instalou no pavillón municipal de deportes.
O goberno local destacou a súa aposta polas enerxías renovables e menos contaminantes lembrando que no ano 2016 instaláronse caldeiras de pellets no auditorio, na Casa do Concello e no centro de formación ocupacional.
A día de hoxe o pavillón dispón dunha instalación solar térmica con depósito de mil litros e apoio de termos eléctricos. Estes últimos serán eliminados coa instalación da nova caldeira de biomasa.
O investimento previsto para este proxecto é de 28.713,30 euros.
Na reforma contémplanse as obras necesarias para adaptar a sala existente, obras para localización de silos, chemineas e ventilacións, instalación de elementos mecánicos, caldeira, sistemas de alimentación, sistema de carga do silo, depósitos necesarios, sistemas de seguridade e demais. De igual modo inclúese a instalación dos elementos de control da instalación: central, cadro eléctrico e equipos de indicación de datos.
Relacionadas:
-
O Concello de Cuntis defende a súa xestión na área de deportes
Por Oskar Viéitez |
-
Remata a primeira fase de mellora do pavillón municipal de deportes de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis renovará a fachada do pavillón municipal
Por Redacción |
-
Cuntis mellorará a eficiencia enerxética de tres edificios municipais con biomasa
Por Redacción |