Cuntis renovará a fachada do pavillón municipal
Por Redacción
O Concello de Cuntis prevé investir 27.860 euros nunha serie de traballos de mantemento e conservación do seu pavillón municipal de deportes. O obxectivo principal da obra é a eliminación de humidades na fachada principal e no interior deste local deportivo.
Esta mellora baséase na instalación dunha fachada ventilada e no cambio das ventás dos baños, no correspondente ao exterior; e no interior, acometerase a reposición de pezas deterioradas da tarima e o pulido e vernizado de todo o chan do local principal.
Debido ás humidades provocadas pola infiltración de auga a través da fachada, é precisa a instalación dunha fachada ventilada como solución "máis axeitada e económica", así como o cambio de ventás en mal estado que tamén filtran auga ao interior e a reposición da tarima de madeira moi deteriorada debido ás infiltracións de auga.
As obras terán un prazo de execución dun mes.
Desde a concellería de Deportes destacan que, con esta actuación, seguen a apostar pola liña de ir mellorando pouco a pouco todas as instalacións deportivas do municipio.
O goberno municipal entende que nestas instalacións realízanse numerosas actividades culturais e deportivas, polo que manter os locais en boas condicións é "fundamental" para ofrecer un espazo adecuado á xente.
Relacionadas:
-
Remata a primeira fase de mellora do pavillón municipal de deportes de Cuntis
Por Redacción |
-
Loureiro de Abaixo estrea mellora nos seus accesos
Por Redacción |
-
O Concello instalará unha caldeira de biomasa no pavillón de Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
A rúa da Palma de Cuntis será acondicionada pola Deputación
Por Redacción |