A Deputación aproba o procedemento de contratación da renovación da piscina de Cambados
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres o procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto, para a contratación da execución da reforma do complexo polideportivo do Pombal de Cambados, consistente na substitución da envolvente e a actualización das instalacións da piscina climatizada da vila, por un importe de 850.999,99 euros, o que suporá a completa renovación deste espazo.
O proxecto de renovación está incluído no convenio asinado entre a institución provincial e o Concello de Cambados o pasado mes de marzo de 2017, cun orzamento total que ascende ata os 902.000 euros, aportando o concello os 51.000 euros restantes.
Agora ábrese un prazo de vinte seis días naturais para a presentación de propostas contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no BOP.
As obras incluirán a substitución da cuberta do complexo así como a actualización das instalacións de climatización do complexo deportivo. O edificio integrarase no espazo urbano colídante, mellorarase o confort térmico, unificaranse o vaso e a praia da piscina cos espazos lindeiros para así mellorar a resposta funcional deste espazo e modificarase o peche para que limite a demanda enerxética que se precisa para acadar o benestar térmico.
Con esta reforma tamén se mellorará a eficiencia das novas instalación para así cumprir coa normativa aplicable grazas á instalación de sistemas de eficiencia enerxética que reducirán o consumo enerxético mediante o control e a regulación da temperatura, a mellora do sistema de iluminación coa integración de equipos altamente eficaces e con sistemas de control e integración de luz natural e a mellora do sistema de xeración da auga quente sanitaria e o de quecemento da auga da piscina.
Relacionadas:
-
Pistoletazo de saída ás novas instalacións deportivas e a piscina de Cambados
Por Redacción |
-
Copsesa fará en 11 meses a piscina de Cambados
Por Redacción |
-
902.000 euros de orzamento para construír en Cambados unha piscina "do século XXI"
Por Redacción |
-
Conta atrás para as obras da piscina de Cambados
Por Redacción |
-
A Deputación e o Concello de Cambados resolven unha das súas "terribles herdanzas"
Por Redacción |