Conta atrás para as obras da piscina de Cambados
Por Redacción
As obras para a substitución da cuberta e a actualización das instalacións da piscina climatizada do complexo polideportivo do Pombal, en Cambados, xa están máis preto. A Deputación Provincial adxudicou este martes a redacción do proxecto básico e de execución das actuacións.
A actuación adxudicouse por un importe de 21.586,40 euros (IVE engadido) á empresa Naos 04 Arquitectos, S.L.P., que se compromete a redactalo nun prazo máximo de tres meses.
Con esta adxudicación iníciase a conta atrás para que os cambadeses poidan volver facer uso destas instalacións, pois a Deputación asegura que está a traballar arreo para que se reduzan os prazos na medida do posible, garantindo que poidan volver dispor destas instalacións no menor tempo posible e tamén a calidade dos traballos.
Unha vez que comecen as obras, os usuarios da piscina de Cambados poderán empregar a de Vilagarcía de Arousa, xa que a empresa encargada da súa xestión é a mesma.
A finais de 2016, a Deputación de Pontevedra tivo que rescindir o contrato da obra alegando que o facía ante a serie de deficiencias que presentaba o proxecto herdado do goberno anterior. Segundo aseguran, aquel primeiro proxecto non solucionaba os problemas que presentaba o espazo, na cuberta da piscina e tamén noutras estancias como os vestiarios, nin tampouco se axustaba á normativa.
Relacionadas:
-
A Deputación aproba o procedemento de contratación da renovación da piscina de Cambados
Por Redacción |
-
902.000 euros de orzamento para construír en Cambados unha piscina "do século XXI"
Por Redacción |
-
A Deputación e o Concello de Cambados resolven unha das súas "terribles herdanzas"
Por Redacción |