A Deputación e o Concello de Cambados resolven unha das súas "terribles herdanzas"
Por Redacción
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, asinaron este xoves o convenio para poñer en marcha a nova cuberta da piscina do concello.
Este convenio ven a corrixir as "deficiencias e irregularidades" existentes no proxecto de obra inicial aprobado polos antigos gobernos provincial e municipal, ambos do Partido Popular, para a piscina da vila, que "incumpría coa lexislación relativa á climatización e humidade e a cuberta asentábase nunha zona sen cimentación".
"Outra das terribles herdanzas ás que tivemos que facer fronte do antigo goberno da Deputación, que facía todo mal, tanto en Cambados como noutros concellos da provincia", salientou Carmela Silva.
Este novo convenio, dotado con 900.000 euros, 200.000 euros máis que o anterior, dos cales a administración provincial achega 851.000 euros e o importe restante o concello.
Pola súa banda a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, amosou a súa satisfacción pola sinatura do convenio que "por fin vai a permitir materializar e facer efectiva a cuberta envolvente da piscina xa que, ata o de agora, era unha cortiña de fume, un mero parche".
A presidenta da Deputación aproveitou a ocasión para anunciar que "hoxe remataron as obras no pavillón de Cabanillas, outra herdanza chapuceira, polo que a partir de agora este espazo está xa a disposición do concello e das súas veciñas e veciños".
Relacionadas:
-
A Deputación aproba o procedemento de contratación da renovación da piscina de Cambados
Por Redacción |
-
Conta atrás para as obras da piscina de Cambados
Por Redacción |
-
O PP denuncia que a Deputación paralizou proxectos no Salnés por 8 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Cambados informou aos empregados sobre a adxudicación temporal da piscina
Por Redacción |
-
"Menos festa e máis traballo", reclama o persoal da piscina de Cambados tras tres meses sen cobrar
Por Redacción |