CESPA negociará este mércores co comité de empresa para evitar as protestas
Por Anxo Lourido
A dirección de CESPA, a empresa adxudicataria do servizo de limpeza e recollida de lixo en Pontevedra, chamou os representantes dos traballadores a un novo intento de acordo mañá mércores na sede da empresa.
A negociación do convenio colectivo rompeuse hai máis dunha semana cando xa había acordo salarial entre as partes. A diferenza entre dirección e comité de empresa encóntrase no apartado do absentismo laboral. A patronal ofrece un 5% mentres que os representantes sindicais solicitan un 8%.
Dende o sindicato UGT, Juan Carlos Corredoira, afirmaba que teñen poucas esperanzas en que se poida chegar a un acordo pero agarda que haxa algún tipo de movemento por parte da dirección para avanzar na negociación. Os sindicatos ameazan cunha folga se ao longo das próximas semanas a empresa non cambia a súa postura.
A pesar deste novo achegamento, os sindicatos manteñen a convocatoria dunha concentración de protesta para este sábado 6 de abril ante as portas da empresa na rúa Andrés Muruais.
Relacionadas:
-
Suspéndense as protestas dos traballadores da limpeza tras acadar un precordo en CESPA
Por Anxo Lourido |
-
O goberno local evita intervir no conflito de CESPA, a adxudicataria do servizo de recollida de lixo
Por Redacción |
-
Os traballadores de CESPA van concentrarse o 6 de abril ante a ruptura da negociación do convenio
Por Redacción |