Suspéndense as protestas dos traballadores da limpeza tras acadar un precordo en CESPA
Por Anxo Lourido
Arredor das 11:20 da mañá comezaba nas oficinas de CESPA na rúa Andrés Muruais a negociación, solicitada pola dirección da empresa adxudicataria da limpeza en Pontevedra cos representantes dos traballadores. Nesta toma de contacto chegouse a un preacordo entre as partes arredor das 13:30h.
Segundo afirmaba nun receso da reunión o asesor do comité, Manuel Currás: "todo estaba negociado. O problema é que as dúas partes cando intentan evitar o conflito hai que poñer a cabeza a traballar. ÿ un acordo no alabre". Así ambas as dúas partes ceden no punto de diverxencia que estaba relacionado co absentismo colectivo que a empresa pretendía situar no 5% e os representantes sindicais no 8%.
Manuel Currás indicaba que "hai unha situación complicada pero non podemos asumir as dificultades de outros cando nesta empresa hai un contrato co Concello que ten unha revisión anual. Esta empresa non pode dicir que ten crise en Pontevedra".
Os membros do comité de empresa mostrábanse pouco convencidos de que puidese rexistrarse algún avance nas negociacións pero chegouse a este preacordo porque tanto a dirección coma o comité fixeron un esforzo para negociar. "ÿ un convenio cun largo alcance social. Renunciamos a parte do económico por conservar dereitos e un texto de convenio normal. Pensamos no que está pasando a sociedade e nas familias que non teñen recurso creando unha bolsa de traballo para as que non teñen recursos poidan acceder a esta empresa", afirmaba Manuel Currás.
Desta forma as protestas quedan suspendidas á espera de que o venres ratifique o preacordo a asemblea de traballadores. O sábado 6 estaba previsto que comezasen as concentracións ante as portas da oficina ás 11 da mañá que terían continuidade o día 13. E os representantes sindicais non descartaban a convocatoria dunha folga de lixo.
O acordo é por dous anos pero inclúe o 2012 e o actual. Reduciuse a duración do convenio e, polo tanto, en xaneiro do próximo ano comezará unha nova negociación do convenio colectivo.
A curiosidade
O avogado de CESPA experto en Relacións Laborais, José Manuel Ávila, que viaxou dende Madrid para negociar cos traballadores colgaba en Twitter pasado o mediodía: "Mission acomplished..." e cando outro twittero lle preguntaba a que se refería sinalaba que ao "preacordo convenio Pontevedra".
Despois dedicou a xornada a fotografar a Praza da Leña ou a Peregrina e subilas á rede social.