O goberno local evita intervir no conflito de CESPA, a adxudicataria do servizo de recollida de lixo
Por Redacción
O portavoz municipal, Raimundo González, agarda que se poida chegar a un acordo en breve entre a empresa adjudicataria do servizo de recollida de lixos, CESPA e os representantes sindicais. Neste sentido indicou que a diferenza entre as partes ten que ver coa distintos desacordos en relación co tema do absentismo laboral e esa situación "non debería dar lugar a un conflito. Agardamos que cheguen a un acordo canto antes".
En relación coa intervención do goberno local no conflito, o concelleiro apuntou que mentres siga sendo un conflito laboral "imos manternos á marxe" aínda que os traballadores estean denunciando a indiferenza por parte do Concello . Con todo, si ao final chégase á folga Raimundo González dixo textualmente: "No podemos dejar con el culo al aire a los ciudadanos" e, neste caso, si cabería a intervención.
A Xunta de Goberno desta mañá aprobou esta mañá subida real a CESPA de case un 5% debido á aplicación da subida do IPC e do IVE correspondente dentro do canon establecido para a recolleita de lixo, limpeza viaria e de colexios e edificios públicos. Desta forma a cantidade que se lle abonará será de máis de 5.600.000 euros.