A nai das nenas de Moraña inicia unha campaña para que o seu asasino cumpra toda a condena

Por Redacción
Rocío Viéitez, nai das dúas nenas asasinadas en Moraña, iniciou unha campaña en redes sociais para esixir que o autor do parricidio, David Oubel, non saia de prisión antes de tempo e cumpra íntegra a súa condena de prisión permanente.
A través dunha páxina que abriu en Facebook, a muller anuncia que promoverá unha recollida de firmas para que os grupos políticos que manifestaron a súa intención de derrogar a prisión permanente revisable, pena imposta ao parricida de Moraña, non a anulen.
A prisión permanente do parricida non se revisará, en todo caso, antes dos 25 anos. Pero se se acorda a súa derrogación, David Oubel podería pasar ao sistema xeral, polo que podería chegar a saír de prisión moito antes, aos doce anos segundo apuntan fontes xurídicas.
"O asasino de Candela e Amaia condenado a esta pena debe cumprir toda a súa condena xa que se axusta aos seus actos", asegura a nai das nenas, que pide que "non se olvide ás vítimas".
Rocío Viéitez, que ata agora optara por manterse á marxe do balbordo mediático, afirma estar a preparar "todos os medios" para solicitar que se manteña a prisión permanente en España "e necesito a vosa axuda para exercer presión".
Así, pide a colaboración cidadá para que esta campaña teña éxito, "por elas e por min".
"Rógovos empatía para comprender desde a nosa perspectiva e que o difundades para que esa pena se manteña", conclúe a súa mensaxe en Facebook.
Ademais, noutra publicación que escribiu días despois da sentenza, a nai de Candela e Amaia tamén quixo agradecer "o respecto, a empatía, a solidariedade e o agarimo" que recibiu ao longo de case dous anos, especialmente por parte dos veciños de Moraña e Campo Lameiro "por demostrar que son persoas que merecen a pena" e apoiar a decisión da familia de "non mercantilizar a violencia".
Relacionadas:
-
A nai das nenas asasinadas en Moraña carga contra Feijóo por dicir que se un pai mata os seus fillos "non é violencia machista, é intrafamiliar"
Por Alejandro Espiño |
-
25N | A nai das nenas asasinadas en Moraña: "Nós temos tatuada a violencia de xénero na pel e nin somos vítimas"
Por Natalia Puga |
-
O parricida de Moraña fixo historia na crónica xudicial: primeira condena a prisión permanente revisable
Por Natalia Puga |
-
Máis de 5.500 sinaturas xa apoian a petición da nai de Amaia e Candela sobre a prisión permanente revisable
Por Natalia Puga |
-
"Unha persoa que comete un delito desta índole, que outra pena merece?"
Por Natalia Puga |
-
O parricida de Moraña será trasladado de modo inminente a Léon para cumprir a prisión permanente revisable
Por Natalia Puga |
-
VIDEO.- O parricida de Moraña, sentenciado a prisión permanente revisable
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
O parricida de Moraña recoñece que matou as súas fillas: "No tengo manera de solucionarlo"
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada