Volven os artesáns ao Paseo Odriozola
Por Redacción
As Festas do Verán de Pontevedra volven a acoller unha nova edición da Feira Atlántica da Artesanía e do Deseño Chalana, que neste ano chega á súa décima edición. Estará, como vén sendo habitual, no Paseo Odriozola, do 14 de xullo ao 6 de agosto, en horario de 11 a 14 horas e de 19 a 23 horas.
Nesta edición, 14 casetas amosarán oficios de tecedoras coma Cuaderna Maestra ou artesáns téxtiles como Mico, que participa por primeira vez, ou La Luna y La Luciernaga e Carlotas.
Tamén a sección de xoiería renóvase coa presencia de Mario Fernández, sen esquecer a presencia da colareira de O Grove Montse Betanzos, que traballa con cunchas naturais; os esmaltes ao fogo de Xakarandá e o traballo do obradoiro coruñes A Feitura.
Os Alegres de Pontevedra presentarán os seus derradeiros traballos na recuperación de instrumentos tradicionais. A recoñecida ceramista Pilar Piñeiro e o obradoiro de coiro Jatafarta tamén acuden novamente, sen esquecer as tentacións da mieleira Apipili e o espazo para a madeira e os xogos tradicionais dos artesáns pontevedreses Trebello.
Chalana xa é un dos proxectos expositivos artesáns de maior sona do noroeste da Peninsula Ibérica.
Relacionadas:
-
Trece casetas de artesanía daranse cita desde o mércores na Ferrería pola feira Chalana
Por Redacción |
-
O Animatrón enche o parque das Palmeiras de nenos con ganas de festa
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- Maioría de idade en plena forma para o Memorial Ricardo Portela
Por Redacción |
-
A carballeira de Troáns celebrou a Feira Histórica do Dezaoito
Por Redacción |
-
Bueu organiza unha nova edición de Ecobueu, o seu mercado ecolóxico de referencia
Por Redacción |