A carballeira de Troáns celebrou a Feira Histórica do Dezaoito
Por Redacción
A carballeira de Troáns reviviu este sábado unha singular viaxe no tempo ata mergullarse na Feira Histórica do Dezaoito, un dos mercados máis antigos da comarca do Umia, que ata principios do século XX celebrábase o día 18 de cada mes.
Cuntis rememora aqueles tempos vestíndose de época e acompaña a cita contou con actuacións musicais, postos de venda de produtos ecolóxicos, tradicionais e de artesanía.
Por suposto tamén houbo unha comida popular a base de empanadas, polbo, churrasco e carne ó caldeiro e o menú típico de xabaril, para degustar tranquilamente á sombra dos carballos.
Ademais houbo xogos populares e actuacións musicais a cargo da Agrupación Municipal de Cuntis, a banda de gaitas Xarandeira de Pontecesures, Sons da Mina e o grupo Os Monifates. E pensado para os nenos ofreceuse o espectáculo infantil Titiricircus, a cargo de Tanxarina Títeres.