O lugar de Atalaia, en Viascón, loce novos accesos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os traballos para mellorar a pavimentación e ensanchar os accesos ao lugar de Atalaia, na parroquia cotobadesa de Viascón, finalizaron satisfactoriamente.
As obras, enmarcadas dentro do plan de investimentos e de mellora de infraestruturas, contou cun investimento de máis de 50.000 euros.
En concreto, os traballos consistieron na renovación do firme do principal acceso ao lugar, a reposición dun muro de contención para mellorar a seguridade e a dotación dun mellor acceso ao centro de turismo que se atopa na zona.
Ademais ensancháronse varios puntos para favorecer o tráfico simultáneo de coches en ambas as direccións.
O orzamento era inicialmente de 39.000 euros, pero ascendeu ata os 52.000 euros ao establecerse unha serie de melloras na contratación por valor de 13.000 euros.