Bonito do Norte Pescamar con cama de hortalizas e o toque da Casa de las 5 Puertas

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Conservas Pescamar
Continuamos a serie de receitas de "A cociña gourmet en conserva" cunha visita á Casa de las 5 Puertas. Este emblemático restaurante do Centro Histórico de Pontevedra incorpora recentemente na súa exquisita cociña as Conservas Pescamar.
Bibiana Cardona, a propietaria e cociñeira principal da Casa de las 5 Puertas, proponnos unha tapa gourmet fusionando o Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar cun variado de hortalizas e redución de licor Pedro Ximénez.
Esta tapa, así como outras especialidades de produtos de alta calidade, pódese degustar na Casa de las 5 Puertas, na Avenida de Santa María, número 8.
Para preparar este delicioso Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar con cama de hortalizas, Bibiana Cardona ofrécenos as seguintes recomendacións.
Ingredientes para dúas persoas:
- 1 Lata de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar
- 1 porro
- 1 cebola
- 2 cenorias
- Cuarto pemento vermello
- Aceite
- Sal
- Cuarto litro de Pedro Ximénez
Elaboración:
Cortamos todos os vexetais en xuliana, isto é, en tiras finas.
Nunha tixola poñemos un chorro xeneroso de aceite.
A continuación, imos incorporando: primeiro a cebola, daquela o pemento, a cenoria e, por último, o porro.
Cando todo estea salteado, salgamos ao gusto.
Para a redución de Pedro Ximénez, simplemente colocamos a lume lento o licor e deixamos que se evapore.
Decoración:
Poñemos un fondo abondoso co salteado de verduras.
Enriba, colocamos o Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar en lombos grandes e verquemos sobre eles a redución de Pedro Ximénez a modo de vinagreta.
Esta tapa está destinada a un desfrute pausado, para gozar dos diferentes sabores e texturas.
En dúas semanas volvemos cunha nova proposta de "A cociña gourmet en conserva" cos produtos do mar de alta calidade de Conservas Pescamar.
Relacionadas:
-
Paté de luras en tinta Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Croquetas de bonito do norte ao estilo Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Albóndegas de bonito do norte, ao estilo Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Canelóns recheos de Bonito do Norte ao estilo Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Pizza Cantábrico con Bonito do Norte e Mexillóns de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
O chef Rubén González presenta a súa creación con mexillóns gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Berberechos en verde ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Espaguetes á mariñeira ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Ventresca á provenzal, unha nova receita gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |