Un obradoiro de "Nós ao grande" anticipa o Encontro de Combarro
Por Redacción
Entre os días 29 de xuño e 2 de xullo celebrarase en Combarro a décimo terceira edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O encontro, de periodicidade bienal e carácter itinerante, pode considerarse unha das manifestacións da cultura marítima máis importantes de todas cantas se celebran na península ibérica.
Para ir comunicando a programación prevista e ir abrindo boca de cara a esas datas, as próximas fins de semana, comezando por este 9 de xuño, convidarase ás persoas que se acheguen á Praza da Chousa a realizar un obradoiro de "Nós ao Grande".
A actividade, que arrancou este venres á tarde, repetirase o sábado, día 10; o próximo venres 16 e o sábado 17; e de novo o venres 23 e o sábado 24, en horario de 18 a 21 horas.
A dinámica consiste en pendurar cabos de 4 centímetros de diámetro e 3 metros de longo de cada un dos farois da Praza da Chousa. Con eles poderán interactuar todos cantos por alí pasen; co obxectivo de dar forma a unha decoración a base de nós mariñeiros en gran formato.
Este venres foron intervidas as tres primeiras luminarias e o sábado farase o propio con outras tantas.
Así, de xeito progresivo, completaranse as dez que dan luz a esta praza.
A iniciativa está promovida polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra (GALP), e pretende ir dando a coñecer o próximo encontro dun xeito lúdico e participativo.
Relacionadas:
-
A cultura mariñeira vive a súa fin de semana grande en Combarro
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Combarro, primeira parada da exposición sobre maquetas de barcos da Deputación
Por Redacción |
-
A maior concentración de embarcacións tradicionais do estado tomará Combarro
Por Redacción |
-
Seis concertos animarán as noites do Encontro de Embarcacións de Combarro
Por Redacción |
-
Combarro será a capital europea da cultura marítima no mes de xuño
Por Redacción |