
© XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Combarro será a capital europea da cultura marítima no mes de xuño

Por Redacción

© XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

© XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
O relatorio "O mar na historia de Galicia " que tivo lugar esta tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra serviu como "botadura" do Encontro de Embarcacións Tradicionais, que terá lugar en Combarro do 29 de xuño ao 2 de xullo, organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar.
Na presentación estiveron presentes Manuel Sendón, presidente de Culturmar, Pablo Carrero, da xunta directiva da mesma asociación, Joaquín Fabeiro, coordinador local, e Xosé Leal, deputado de Cultura e Lingua.
O encontro, de periodicidade bienal e carácter itinerante por distintos portos de Galicia, é a exhibición deste tipo máis importante neste eido, e reúne embarcacións de todo o país e tamén foráneas, de lugares como Portugal, País Vasco ou comunidades do Mediterráneo.
Ademais da concentración de embarcacións tradicionais, as catro xornadas do encontro compleméntanse con outro tipo de actos culturais e de lecer, como xornadas de conferencias, coloquios, exposicións, publicacións, música e danza tradicional, ou mostras de artesanía.
Estas actividades complementarias tamén contemplan obradoiros infantís, con elementos lúdicos vinculados co mar; e obradoiros inclusivos, concibidos especificamente para persoas con discapacidade física, sensorial ou intelectual como, por exemplo, o programa “sentir o mar” para persoas con discapacidade visual.
Ademais, cada unha das xornadas incluirá un concerto de peche.
Relacionadas:
-
A maior concentración de embarcacións tradicionais do estado tomará Combarro
Por Redacción |
-
Un obradoiro de "Nós ao grande" anticipa o Encontro de Combarro
Por Redacción |
-
Seis concertos animarán as noites do Encontro de Embarcacións de Combarro
Por Redacción |
-
150 barcos tradicionais encontraranse en Combarro en xuño
Por Redacción |
-
Poio pon data á Festa do Mar e á Festa da Ameixa
Por Redacción |