O segredo da lonxevidade dos 105 anos de Aquilina
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O mesmo ano no que naceu Aquilina Alonso Pérez chegaron ao mundo as actrices Ginger Rogers e Maureen O'Sullivan, o cómico Cantinflas, o tamén presidente norteamericano Ronald Reagan, o escritor Tenessee Williams ou o médico nazi, Joseph Mengele.
Nin sequera empezara a primeira Guerra Mundial.
Por aquel entón, segundo detalla o Anuario Riera do ano 1911, Francisco Javier Puig Llamas era o alcalde de Pontevedra, unha pequena vila con 22.330 habitantes de feito que celebraba catro feiras ao mes e dispoñía dun tranvía de vapor que conectaba a capital co porto de Marín.
Como lembrou José Benito García Iglesias en PontevedraViva, dentro do marco das festas da Peregrina, en agosto do ano 1911, celebráronse uns extraordinarios e inesquecibles Xogos Florais.
105 anos despois, este venres, Aquilina acudiu ao Concello de Pontevedra para compartir co actual alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores a súa alegría por cumprir 105 primaveras. "Soy conservadora, porque tengo este traje para bodas, bautizos y comuniones", díxolle ao alcalde "parece que estoy de novia".
Sobre o segredo da súa lonxevidade Aquilina conta que o seu marido xa falecido "le dijo a San Pedro, no la dejes entrar porque si viene nos revoluciona el cielo" e por iso segue de paseo por Pontevedra.
Nunha divertida charla co alcalde, Aquilina contoulle que ao seu marido "lo conocí en París, en la Sorbona, con una beca que gané en Barcelona pero él era de Almería, lo primero que le pregunté fue ¿tendrás cortijo no?".
Non tivo fillos, "no los encargamos", preferiu dedicarse a viaxar por todo o mundo. "Mi último viaje fue a Egipto, de allí me traje esta pulsera. A ver si el alcalde me regala otra pulsera", espetoulle Aquilina a Lores, "soy una pedichona, pero siempre consigo lo que quiero. También conseguí que el alcalde se ponga la corbata".
"Pero a Pontevedra no la cambio por nada", a nosa centenaria asegura que a Boa Vila é unha cidade "muy bonita, pero están cerrando montones de comercios y usted puede impedirlo, que no pongan tantos Carrefour, usted tiene autoridad y no deje que pongan más".
Aquilina tamén reprendeu ao alcalde por abusar do galego. Aquilina foi directora durante 14 anos dun colexio en Barcelona e alí tampouco lle gustaba que se empregase unicamente o catalán, unha queixa que trasladou aos responsables educativos da Generalitat, "eu sei falar galego, pero non o falo", seguiu picando ao alcalde.
"El alcalde es pequeniño pero vale mucho. Está a la altura de lo que representa", piropeou ao rexedor antes de irse, ata o ano que vén.
Relacionadas:
-
A Sociedade Filarmónica dedica o seu vindeiro concerto á centenaria falecida María Aquilina Alonso
Por Anxo Lourido |
-
Falece a popular centenaria Aquilina Alonso
Por Redacción |
-
Pontevedreses por padrón
Por Redacción |
-
Aquilina Alonso, 104 anos: "Con los viejos no me gusta salir porque no tienen conversación"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
103 anos e unha nova visita ao alcalde
Por Mónica Patxot |
-
Quila Alonso, unha coqueta de 102 anos
Por Natalia Puga |