Quila Alonso, unha coqueta de 102 anos
Por Natalia Puga
- "Un aplauso, ¿no?"
María Aquilina Alonso Pérez saía do ascensor no terceiro piso do Concello de Pontevedra acompañada de dous sobriños netos. Chegaba con intención de reunirse co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, no día en que cumpre 102 anos e, ante a presenza dos medios de comunicación que lle esperaban para retratar o encontro, emocionouse. Coñecedora do seu gran mérito, pediu o aplauso de todos. Máis tarde, pediría un abrazo do "edil principal de Pontevedra".
Máis áxil que moitos dos presentes aos que máis que duplicaba a idade, María Aquilina escondeu o bastón para "salir más guapa" nas fotos, tomou asento e se dispuxo a explicar a súa vida. "Mi nombre Quila Alonso", empezou e pasou a relatar como pasaron estes 102 anos dunha nena nacida en Sanxenxo en 1911, pero que se define como "una ciudadana del mundo".
Nos últimos anos da súa vida asentouse en Pontevedra, pero antes "viví por toda España y el extranjero, por Europa", incluíndo 29 anos en Barcelona e un mes que estudou en La Sorbona. Na universidade parisiense coñeceu "al amor de mi vida", Fernando, un rapaz de Almería que "a los seis meses vino a por mi y nos casamos en Poio". Dende entón, "fui muy feliz".
Profesora xubilada, asegura que o segredo de ter chegado con tanta lucidez e axilidade física aos 102 anos é que "vivo del amor que me da la gente". A súa alimentación é variada ("como de todo", explica), pero para ela é máis importante alimentar a súa mente. E segue facéndoo como centenaria, pois un ano máis sacou o aboamento para asistir á programación cultural de Novacaixagalicia.
Non se perde todos os concertos e actuacións teatrais que chegan a Pontevedra e ten un día a día moi activo no que sempre ten tempo para arranxarse porque "soy muy presumida". "Fui coqueta, lo soy y lo seré", confesa, antes de interesarse pola opinión dos presentes sobre o seu aspecto do día: "¿Os gusta como vengo?".
Para ela, "lo que más me deleita es el amor de las personas" e este luns chegou ao Concello con intención de "que me dé un abrazo el edil principal de Pontevedra, el señor Lores,". El, consciente das esixencias de Quila, chegou preparado. "Puxen corvata porque sabía que a vostede lle gustaba", explicoulle, antes de entregarlle o ramo de rosas de rutina. ÿ o terceiro que recibe como centenaria pontevedresa e "espero que sexa por moitos anos máis".
Relacionadas:
-
Falece a popular centenaria Aquilina Alonso
Por Redacción |
-
O segredo da lonxevidade dos 105 anos de Aquilina
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Aquilina Alonso, 104 anos: "Con los viejos no me gusta salir porque no tienen conversación"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
103 anos e unha nova visita ao alcalde
Por Mónica Patxot |
-
Para Esperanza Rosales 102 anos non son nada: "Aún soy joven, me queda mucho por vivir"
Por Alejandro Espiño |