Non á Fusión cualifica de "xogo de tronos" a dimisión do alcalde de Cerdedo
Por Redacción
A decisión de José Balseiros deixar a alcaldía de Cerdedo para concorrer nas listas das próximas eleccións autonómicas desencadeou as críticas da Plataforma Non á Fusión.
Esta renuncia deixa aberta a porta a Jorge Cubela, actual alcalde de Cotobade, para que se sitúe á fronte do concello resultante da fusión entre ambos os municipios, que tanto Cubela como Balseiros impulsaron.
Esta manobra é para a plataforma "o seu particular xogo de tronos", xa que "mentres Cerdedo e Cotobade están a agonizar os alcaldes bailan ao xogo das cadeiras", aseguraron a través dun comunicado.
Ademais acúsanos de "vender os seus concellos ao mellor postor" despois de "facer as cousas como as fixeron, ás agachadas e polo calado".
José Balseiros está situado no posto 12 da lista electoral do Partido Popular por Pontevedra e aspira a entrar como deputado no Parlamento de Galicia, algo que sería incompatible coa súa función de alcalde.
Relacionadas:
-
Aprobada a fusión entre Cotobade e Cerdedo: nace un concello "viable" e con "vocación de futuro"
Por Alejandro Espiño |
-
O proceso de fusión supera o seu penúltimo trámite
Por Redacción |
-
A Xunta afirma que a Deputación avala o proceso de fusión de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Feijóo avala a fusión entre Cotobade e Cerdedo: "É unha decisión moi valente e oportuna"
Por Alejandro Espiño |
-
Os alcaldes de Cotobade e Cerdedo defenden a fusión tras os informes da Deputación e arremeten contra Carmela Silva
Por Redacción |