![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f23/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/57a0b8d729-feijoo-cotobade2.jpg)
© Xunta de Galicia
A Xunta afirma que a Deputación avala o proceso de fusión de Cerdedo-Cotobade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Xunta de Galicia confirmou, a través dunha nota de prensa, que vai continuar coa tramitación da fusión entre os concellos pontevedreses de Cerdedo e Cotobade, unha vez que recibiu o informe preceptivo dos servizos técnicos da Deputación de Pontevedra.
Segundo o que se expón nese informe do organismo provincial, a xunta de goberno acordou por unanimidade prestar conformidade a este proceso. Os servizos técnicos da Deputación fan constar que coas actuais normas do Plan de Obras e Servizos 2016, o Concello de Cerdedo-Cotobade recibirá 262.146 euros menos das arcas provinciais, unha situación que se resolverá para o exercicio seguinte. Con todo, desde a Xunta entenden que non é certo que o novo concello fusionado vaia a perder eses fondos.
Ademais, desde a Xunta de Galicia apuntan que a fusión permitirá que se incremente a participación nos tributos do Estado e do Fondo de Cooperación Local da Xunta, ademais de recibir un investimento adicional desde leste mesmo ano procedente do Fondo de Fusións habilitado pola administración galega.
Tras recibir o informe favorable da Deputación, xa se convocou para o próximo 31 de agosto a celebración da Comisión Galega de Delimitación Territorial onde a fusión xa se atopa entre os temas da orde do día.
A Xunta indica que a través do Fondo de Cooperación Local, a Cerdedo-Cotobade corresponderanlle 1.630.248 euros se finaliza o proceso de fusión antes do 30 de outubro.
Relacionadas:
-
A Deputación dota de máis recursos ao novo concello de Cerdedo-Cotobade
Por Oskar Viéitez |
-
Aprobada a fusión entre Cotobade e Cerdedo: nace un concello "viable" e con "vocación de futuro"
Por Alejandro Espiño |
-
O proceso de fusión supera o seu penúltimo trámite
Por Redacción |
-
Non á Fusión cualifica de "xogo de tronos" a dimisión do alcalde de Cerdedo
Por Redacción |
-
Feijóo avala a fusión entre Cotobade e Cerdedo: "É unha decisión moi valente e oportuna"
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación emite dous informes nos que expresa as súas dudas sobre a fusión de Cerdedo e Cotobade
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda pide á presidenta da Deputación un informe obxectivo sobre a fusión Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |