O proceso de fusión supera o seu penúltimo trámite
Por Redacción
A Comisión Galega de Delimitación Territorial emitiu este mércores un informe favorable ao expediente de fusión entre Cerdedo e Cotobade.
Trátase do penúltimo paso administrativo do proceso, que agora pasa ao Concello Consultivo de Galicia antes de ser aprobado por decreto no Consello da Xunta.
Este organismo público encárgase do estudo e consulta en relación aos límites territoriais en materia de réxime local, estando formado por catro representantes da Xunta de Galicia e catro representantes de entidades locais.
Na reunión, presidida polo vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, indicouse que o expediente de unión destes municipios axústase á normativa aplicable e cumpre os requisitos esixidos, segundo sinalou a administración autonómica.
Relacionadas:
-
Cotobade e Cerdedo xa son, oficialmente, un único concello
Por Alejandro Espiño |
-
Aprobada a fusión entre Cotobade e Cerdedo: nace un concello "viable" e con "vocación de futuro"
Por Alejandro Espiño |
-
Non á Fusión cualifica de "xogo de tronos" a dimisión do alcalde de Cerdedo
Por Redacción |
-
A Xunta afirma que a Deputación avala o proceso de fusión de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Feijóo avala a fusión entre Cotobade e Cerdedo: "É unha decisión moi valente e oportuna"
Por Alejandro Espiño |