O PSOE pide unha reunión urxente dos portavoces políticos de Marín ante a polémica polo traslado de Maersk
Por Redacción
A portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Marín, Luz Santiago Suárez, solicitou unha reunión urxente da xunta de voceiros do Concello para reaccionar ante a polémica suscitada tras o anuncio da empresa de colectores Maersk de que se trasladará desde o porto de Vigo ao de Marín.
A socialista pediu esta reunión ante os "ataques continuos á independencia e a integridade" que cre que está a sufrir o porto de Marín e o "silencio como resposta a este conflito" que ve no presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, José Benito Suárez. O obxectivo último desa xunta de voceiros sería elaborar un comunicado conxunto de todas a forza políticas representantes da ciudadania en "apoio total e permanente ao Porto de Marín e á súa actividade".
Ante a polémica suscitada, Luz Santiago lembra que a naviera Maersk confirmou que a decisión de trasladar as súas operacións regulares de carga e descarga ao porto de Marín é firme e baséase principalmente nos custos e factores operacionales.
Nun comunicado, ademais, a firma danesa lembra que antes de tomar a decisión de cambiar a terminal de Vigo pola marinense realizou un "proceso exhaustivo, transparente" coas compañías operadoras de ambos os portos, sempre "seguindo criterios habituais de xestión e confidencialidade con respecto a terceiras partes, habituais entre empresas privadas".
Os ataques aos que se refire a portavoz do PSOE veos, fundamentalmente, no presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, ex conselleiro de Pesca do PP, que esixe que Portos do Estado adopte "medidas cautelares" co obxectivo de frear a marcha da compañía danesa á terminal marinense baseándose na sentenza do Tribunal Supremo que ilegaliza os recheos do porto de Marín. Para Luz Salgado, é "un ataque sen precedentes ao motor de actividade empresaria de Marín que é o noso porto".
Relacionadas:
-
Maersk obtén autorización do consello de administración do Porto para operar en Marín
Por Redacción |
-
Influíu na marcha de Maersk a Marín que o Porto esté "presidido polo consorte da ministra"?
Por Oskar Viéitez |
-
López Veiga desatende a Ana Pastor e tratará de disuadir a Maersk para que non marche a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra califica de "absolutamente desproporcionadas" as críticas a Marín pola chegada de Maersk
Por Alejandro Espiño |
-
Ana Pastor desautoriza ao presidente do Porto de Vigo pola súa campaña para evitar que Maersk se traslade a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marín celebra a chegada de Maersk ao porto mentres Vigo o lamenta
Por Oskar Viéitez |