"¿Con esos perros encontráis droga?"
Por Redacción
"¡Guuuaaaauuuu! ¡Cómo mola!", destatacaban sobre calquera outra expresión na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Saían da boca de 29 nenos de 6 a 9 anos que este mércores percorreron as instalacións no marco dunha visita escolar para coñecer o funcionamento do Corpo e a súa forma de traballar.
O coronel Miguel Estévez Lara foi un ou dos seus anfitrións e deulles a benvida ás principais instalacións da Garda Civil na provincia como o lugar no que "lo que hacemos es velar por vuestra seguridad", para que "no haya personas malas, que no haya nada malo para vosotros". Visiblemente emocionados, enchérono a preguntas.
"¿Con esos perros encontráis droga?", "¿Encuentran la droga aunque estén en un doble fondo?", "¿Cuándo hay un accidente también vais vosotros?"", foron algunhas das dúbidas dos escolares, de Primeiro, Segundo e Terceiro de Primaria do colexio Espedregada de Raxó, en Poio, convencidos de que estaban no "cuartel general de la Guardia Civil".
Durante a súa estancia na Comandancia, axentes das distintas unidades da Garda Civil mostráronlles os medios cos que traballan e en que consiste o seu labor, de tal modo que presenciaron demostracións dos cans do servizo cinolóxico e as súas habilidades para detectar, por exemplo, a presenza de droga en obxectos como maletas e coñeceron a forma en que traballan os axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona).
O Centro Operativo de Servizos (COS), onde se atenden as 24 horas do día todas as chamadas telefónicas de emerxencias efectuadas polos cidadáns e os vehículos dos axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil tamén formaron parte da visita, que se enmarca no Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade dos centros educativos e as súas contornas (Instrución número 7/2013 de Secretaría de Estado de Seguridade) e dentro das actividades programadas pola Garda Civil para achegar a institución ao cidadán.