Os pontevedreses acoden á cita coas urnas
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Normalidade no inicio da xornada electoral en Pontevedra, que viu como se constituíron sen problemas as mesas nos 692 colexios habilitados na provincia.
Desde as 9:00 horas o goteo nas mesas electorais foi constante nunha xornada que se vive, do mesmo xeito que no resto do Estado, con grande expectación ante a incerteza dos resutados.
Segundo explicou o delegado do Goberno a xornada avanza "sen apenas incidencia" en toda Galicia.
Os colexios electorais permancerán abertos ata as 20:00 horas, tempo límite que teñen os 901.969 pontevedreses que están chamados ás urnas para elixir a próximo presidente do Goberno, 31.391 deles novos electores ao alcanzar a maioría de idade.
Velan pola seguridade na provincia un total de 2.372 axentes distribuídos ao longo da provincia.
Relacionadas:
-
O PP local, tras as eleccións, alerta de que atenderá máis a Marea como interlocutor que ao BNG
Por Redacción |
-
O PSOE queda sen representación pontevedresa no Senado
Por Diego Espiño |
-
O PP mantense como partido máis votado na provincia, con En Marea como segunda forza
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
As prazas da Ferrería e A Verdura centran a xornada de reflexión pontevedresa
Por Redacción |
-
2.372 axentes velarán pola seguridade na provincia durante a xornada electoral
Por Redacción |