O PSOE queda sen representación pontevedresa no Senado
Por Diego Espiño
O Partido Popular ha conseguido manter a súa representación por Pontevedra no Senado, cuxo escrutinio quedou paralizado ao 99,52%.
Das catro prazas para o Senado que se repartían na provincia tres son para o Partido Popular, que mantén a súa representación, mentres En Marea consegue o cuarto representante arrebatándollo ao Partido Socialista, que queda fóra da Cámara Alta.
Desta forma, os senadores pola provincia serán: Marta Lucio con máis de 180.000 votos (11,93%), Miguel Fidalgo (11,62%) e José Crespo (11,56%) polo PP; mentres por En Marea entra no Senado María Vanessa Angustia (9,00%), coordinadora de Esquerda Unida en Pontevedra, con máis de 136.000 apoios.
O cabeza de lista do PSdeG-PSOE, Abel Losada, quedou con algo máis de 114.000 votos. Foi superado tamén por outros dous candidatos de En Marea, Marta Díaz e Xosé Luís Méndez Ferrín que, en todo caso, tamén quedaron sen asento.
A participación na elección ao Senado foi do (72,56%), máis de dez puntos superior a 2011, con 20.672 votos nulos e 23.452 en branco.
No correspondente a Galicia, o Partido Popular mantén os seus 12 representantes, En Marea entra na repartición con dous e o Partido Socialista consegue outros dous, polos catro que tiña en 2011.
Os resultados concretos por circunscricións e municipios, ademais dos xenerais a nivel estatal, poden consultarse na páxina web habilitada polo Ministerio do Interior.
Relacionadas:
-
Podemos analiza os resultados do 20-D, con En Marea como primeira forza en varios colexios de Pontevedra
Por Redacción |
-
O PP mantense como partido máis votado na provincia, con En Marea como segunda forza
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Os pontevedreses acoden á cita coas urnas
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
As prazas da Ferrería e A Verdura centran a xornada de reflexión pontevedresa
Por Redacción |
-
2.372 axentes velarán pola seguridade na provincia durante a xornada electoral
Por Redacción |