O PP mantense como partido máis votado na provincia, con En Marea como segunda forza
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
En Marea irrompe con forza no panorama político da provincia de Pontevedra tras as eleccións xerais deste domingo 20 decembro, converténdose na segunda forza da circunscrición.
Mantense como lista máis votada ao Congreso dos Deputados o Partido Popular, con tres escanos (34,46% dos votos), seguido de En Marea con dous (27,95%) e o Partido Socialista cos outros dous escanos restantes (20,82%).
Con relación a 2011, o Partido Popular perde un representante na provincia, o Partido Socialista mantense e desaparece o Bloque Nacionalista Galego, que baixo as siglas Nós non consegue representación co 4,65% dos votos.
Desta forma, representarán a Pontevedra no Congreso: Ana Pastor, Irene Garrido e Pilar Rojo polo PP; Alexandra Fernández e Ángela Rodríguez por En Marea; e María Dores Galovart e Guillermo Meijón polo PSOE.
En Galicia a repartición final de deputados sería de dez representantes para o Partido Popular, seis para En Marea, seis para o Partido Socialista e un para Ciudadanos, conseguido na provincia da Coruña.
En canto á cidade de Pontevedra, a lista máis votada foi a do Partido Popular (16.266 votos), seguida de En Marea (13.213), PSOE (9.938), Ciudadanos (5.352) e Nós (3.203), rexistrándose unha participación do 75,43%.
En toda a provincia a participación foi do 74,34%, unha cifra máis de dez puntos superior á de 2011, cun total de 7.870 votos nulos e 5.462 en branco.
Os resultados concretos por circunscricións e municipios, ademais dos xenerais a nivel estatal, poden consultarse na páxina web habilitada polo Ministerio do Interior.
Relacionadas:
-
Podemos analiza os resultados do 20-D, con En Marea como primeira forza en varios colexios de Pontevedra
Por Redacción |
-
O PP local, tras as eleccións, alerta de que atenderá máis a Marea como interlocutor que ao BNG
Por Redacción |
-
O PSOE queda sen representación pontevedresa no Senado
Por Diego Espiño |
-
Os pontevedreses acoden á cita coas urnas
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
As prazas da Ferrería e A Verdura centran a xornada de reflexión pontevedresa
Por Redacción |
-
2.372 axentes velarán pola seguridade na provincia durante a xornada electoral
Por Redacción |