Froiz e Viaqua aportan 10.000 euros para a programación do Pazo da Cultura
Por Redacción
As empresas Froiz e Viaqua renovaron o seu convenio co Concello de Pontevedra para destinar parte dos seus excedentes económicos na programación e actividades do Pazo da Cultura. Durante a mañá deste xoves 3 de decembro, dous representantes destas empresas mantiveron unha reunión co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para a continuación asinar o acordo.
A empresa de supermercados Froiz achegará 6.000 euros durante o ano 2016 mentres que a empresa encargada da xestión do ciclo de auga en Pontevedra, Viaqua investirá 4.000 euros. Unha terceira empresa, que prefire manterse no anonimato, segundo indicou o alcalde de Pontevedra, achega outros 3.000 euros.
Segundo sinalou o rexedor, este investimento non chega a cubrir o 1% do orzamento do Pazo da Cultura, que ascende a 1.300.000 euros para o próximo ano pero Fernández Lores afirmou que "todo o que veña á rede é peixe", indicando que a cantidade económica sempre é importante para poder manter a actividade cultural que se desenvolve neste espazo.
Relacionadas:
-
As billas pontevedresas fornecen unha das augas máis saudables para consumo humano
Por Redacción |
-
Froiz e Viaqua renovan a súa colaboración co Pazo da Cultura
Por Alejandro Espiño |
-
11.000 euros para axudar no mantemento do Pazo da Cultura que supera o millón de euros de gastos anuais
Por Redacción |