11.000 euros para axudar no mantemento do Pazo da Cultura que supera o millón de euros de gastos anuais
Por Redacción
As empresas Froiz e Viaqua (anteriormente denominada Aquagest) asinaron o convenio de patrocinio co Concello de Pontevedra para achegar 8.000 e 3.000 euros para colaborar co mantemento e as actividades que se desenvolven ao longo do ano no Pazo da Cultura.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, indicou tras a firma do convenio que o Pazo ten un orzamento que supera o 1.130.000 euros. Engadiu que o goberno local vai continuar apostando por manter as actividades culturais, lúdicas, infantís e artísticas que se desenvolven neste espazo.
Fernández Lores cre que este espazo "xenera unha actividade arredor importantísima" e apuntou que, durante o pasado fin de semana, coa celebración de Culturgal máis de 15.000 persoas visitaron as instalacións do Recinto Feiral e "máis de 10.000 visitantes viñeron de fóra e se lles víu por Pontevedra".