PSOE e BNG aproban o orzamento da Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
Os grupos provinciais do PSdeG e o BNG, que ostentan o goberno provincial, aprobaron cos seus votos o orzamento da Deputación de Pontevedra para o ano 2016 que se eleva ata os 152 millóns de euros, o que supón un incremento dun 2,4% respecto ao actual.
O deputado responsable da área de economía, Carlos López Font, foi o encargado de presentar estas contas que definiu como "históricas" xa que "rompen con la arbitrariedad y esas políticas de la libre disposición y falta de respeto", que ao seu xuízo representaba o anterior goberno do Partido Popular presidido por Rafael Louzán de quen dixo que actuaba "como un Rey Midas".
"Ya no habrá camino de retorno a esa política caciquil", sentenciou o responsable de economía na Deputación, asegurando que se o Partido Popular non o recoñece é porque "la obediencia ciega a Núñez Feijóo y campaña electoral les nubla la vista".
Carlos López Font, falou de "sesión histórica" porque "en 6 meses cambiamos el total de 36 años acumulados. Especialmente negativos, nefastos, los últimos 12 meses". Segundo o deputado socialista este orzamento recolle o compromiso do bipartito de dar "protagonismo a los concellos" recollendo "un nuevo modelo de relación con los concellos basado en el respecto y la equidad".
Finalmente o orzamento, lembrou Font, xira ao redor de catro eixos políticos: emprego, territorio, igualdade, cohesión social e mocidade.
Pola súa banda, o vicepresidente da administración provincial e portavoz do BNG, César Mosquera, insistiu no cambio político que representa o orzamento que persegue "que a Deputación se coloque no seu sitio" e desempeñe a función para a que está ideada e convidou á oposición a que "se adapte á realidade, traballe en positivo e alcance acordos".
Na súa quenda de intervención, a portavoz do PP, Nidia Arévalo, criticou que o novo goberno da Deputación "dedique tanto tempo a falar de Louzán" e encomiou a "xestión impecable" de Louzán "que co 20% de libre disposición dáballe a todos os concellos da provincia".
Rexeitou a portavoz popular rexeitou que os concellos sexan os protagonistas das contas do bipartito que segundo criticou "esquecen aos concellos, aos colectivos veciñais, culturais e deportivos". Así cualificou de "cacicada de dimensión estratosférica" o trato do goberno provincial cara aos concellos de Pontevedra e Vigo. "Aquí hai veciños de primeira e de segunda", proclamou Nidia Arévalo.
Para a portavoz popular son "uns orzamentos sen concreción, como un coche sen motor" e insistiu en que son "improvisados", indicando que ao seu xuízo, o goberno PSOE-BNG renuncia á "esencia" da institución provincial para facer unha Deputación "ás ordes do alcalde de Vigo, Abel Caballero".
No seu discurso a portavoz do Partido Popular alertou que o bipartito está "a desmantelar" a institución provincial, e dirixíndose á presidenta, Carmela Silva dixo "queda moi grande este cargo", concluíu.
"Onde a ignorancia fala, a intelixencia cala", foi a lacónica resposta de Carmela Silva.
O deputado representante de Marea Xosé Lois Jácome, renunciou á súa quenda de palabra e abstívose na votación final. Segundo explicou "o prazo tan breve de tempo" que tiveron os grupos da oposición para estudar o orzamento no caso da coalición electoral que representa non lles permitiu o seu estudo en profundidade, aínda que si presentarán emendas nos próximos días e fiscalizarán a execución das contas hoxe aprobadas.
Relacionadas:
-
Anuncian mobilizacións contra o orzamento que acaba de aprobar a Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
O PP asegura que a Deputación pon en risco a supervivencia dos clubes deportivos ao quitar as subvencións "a dedo"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Os alcaldes do PP denuncian que Carmela Silva trátaos como ao peor barrio de Vigo
Por Redacción |
-
A Deputación presenta un orzamento de 152 millóns no que "non existe nin un céntimo de libre disposición"
Por Oskar Viéitez |