O PP asegura que a Deputación pon en risco a supervivencia dos clubes deportivos ao quitar as subvencións "a dedo"
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Partido Popular asegura que a "nova Deputación de Pontevedra" está poñendo en risco a supervivencia dos clubs deportivos e asociacións culturais de toda a provincia ao desaparecer nos Orzamentos de 2016, as subvencións nominativas, é dicir, aquelas que se conceden de manera directa, con discrecionalidade, ou como se di coloquialmente, a dedo.
Os populares aseguran que os clubs deportivos e asociacións culturais da provincia descoñecen que vai pasar co seu futuro.
Ángel Moldes sinalou que mentres que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, fai desaparecer este tipo de axudas da administración provincial, escudándose en que son "ilegais", no Concello de Vigo, onde gobernan os socialistas, acaban de aprobar para 2016 un orzamento que conta con máis de 4.624.531,31 euros só para axudas desta índole e para un total de 77 convenios.
A modo de exemplo, os populares explican que o Concello de Vigo vai destinar 114.500 euros para unha subvención ao equipo de balonmán Academia Octavio Balonmano, 150.000 á Fundación Celta de Vigo ou 45.000 euros a repartir entre sindicatos de Vigo.
"Mentres non ten problemas en darlle axudas directas aos clubs, asociacións e incluso sindicatos de Vigo, cos do resto da provincia di que é imposible e elimínaos dos presupostos", dixo Moldes.
O voceiro provincial do PP transmite a "preocupación" que segundo afirma están a sentir as directivas que a día de hoxe descoñecen cal vai ser o apoio a partir de agora da institución provincial.
O voceiro popular pregunta que vai pasar con convenios como o do Pontevedra C.F., ou a SD Teucro ou o de Poio Pescamar fútbol sala, por exemplo, que desaparecen do documento.
Relacionadas:
-
O PP provincial pide á Deputación que manteña a axuda aos olímpicos que acudan a Río
Por Diego Espiño |
-
PSOE e BNG aproban o orzamento da Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O PP rexeita os "improvisados" orzamentos provinciais porque non teñen "alma"
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación presenta un orzamento de 152 millóns no que "non existe nin un céntimo de libre disposición"
Por Oskar Viéitez |