O alcalde de Sanxenxo insiste en pedir unha reunión con Ethel Vázquez para falar da PO-308
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo insiste en reunirse coa Consellería de Medio Ambiente para estudar o estado das obras da estrada PO-308, para a que a Xunta anunciara que este ano se licitaría o primeiro tramo do proxecto de mellora da seguridade vial. O alcalde, Gonzalo Pita, reiterou esta semana unha petición formal de reunión coa conselleira, Ethel Vázquez, ao entender que "máis de catro meses de solicitudes son máis que suficientes como para que ésta sexa a última".
Gonzalo Pita e a concelleira de Seguridade Viaria, Vanesa Rodríguez Búa, mantiveron este martes unha reunión coa plataforma da PO 308 e informounos das reiteradas solicitudes de reunión coa conselleira para abordar este asunto, sin que polo momento tivera resposta algunha.
O alcalde comunicoulles que a única información da que dispón é que a Xunta mantén o seu compromiso, a pesar de que nos orzamentos autonómicos non consta unha partida propia para este tema. Sen embargo, carece de confirmación oficial respecto dos prazos que manexa a consellería.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, o alcalde solicitou aos membros da plataforma unha semana de prazo para que a consellería fixe a reunión demandada, á que Gonzalo Pita acudirá acompañado dos portavoces veciñais co fin de facer un frente común para demandar unha obra comprometida pola Xunta no ano 2011 e utilizada polo Partido Popular en máis dunha campaña electoral.
En concreto, queren que a conselleira responda a tres preguntas, toda vez que os fondos europeos cos que se financiaría a obra están xa desbloqueados: se hai partida para a PO 308, se está recollida nos orzamentos autonómicos para 2016 e cando se vai licitar.
Dende a plataforma, tanto o seu presidente, José Luis Prieto, como os portavoces que o acompañaron -José Manuel Rodiño, Alexandre Touriño e Roberto Garrido- amosaron a súa "desconfianza respecto da Xunta xa que, segundo insistieron, incumpriu ata o de agora tódolos prazos anunciados". Solicitaron o respaldo do goberno local para iniciar outro tipo de medidas reivindicativas.
Relacionadas:
-
Sanxenxo recorda ao PP que leva catro anos facendo un uso "electoralista e partidista" da PO-308
Por Redacción |
-
A Xunta licita as obras da senda peonil e ciclista na estrada PO-308
Por Redacción |
-
Sanxenxo urxe á Xunta para que reforme a PO-308 antes do verán
Por Redacción |
-
Construirán unha senda peonil e ciclista de case tres quilómetros no ámbito da Lanzada
Por Redacción |
-
A seguridade comeza a achegarse a PO-308
Por Redacción |
-
Gonzalo Pita reitera á Xunta a petición de reforma dos treitos urbanos da PO-308
Por Redacción |
-
Sanxenxo traslada á Xunta a petición de mellora de seguridade viaria nas Salinas, O Vinquiño e A Vichona
Por Redacción |
-
O PP de Poio pide a intervención da Policía Local para reducir os atoamentos na PO-308
Por Redacción |