![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/049/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/55e8351e5d-20150902-patxot-comite-empresa-elnosa-ccoo-013.jpg)
© Mónica Patxot
Lores recibirá o día 23 ao comité de empresa de Elnosa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibirá finalmente aos traballadores de Elnosa. A pesar das reticencias iniciais, a entrevista cos delegados do comité de empresa da planta de cloro situada en Lourizán, solicitada por rexistro hai unhas semanas, celebrarase o próximo mércores 23 de setembro.
Así llo trasladou este venres aos secretarios comarcais dos sindicatos CC.OO e UGT, José Luis García Pedrosa e Ramón Vidal, respectivamente.
Con eles reuniuse, como representantes das centrais sindicais que ostentan a presidencia dos comités de empresa das oficinas e da fábrica de Ence-Pontevedra, para tratar de pechar as intervencións dos traballadores da pasteira durante o próximo pleno municipal.
A proposta é que os presidentes dos comités Ana Cedeira (oficinas) e Pedro Soto (fábrica) interveñan durante 15 minutos, xusto antes do debate político sobre a proposta que fará a Alcaldía e as mocións do PSdeG-PSOE e Marea Pontevedra sobre o futuro de Ence. Neses quince minutos poderán falar os dous portavoces dos traballadores ou un deles, como elixan.
O alcalde agardará a resposta dos dirixentes sindicais -que se comprometeron a dar- para organizar o pleno.
Relacionadas:
-
Lores comprende os traballadores de Elnosa pero mantén que a empresa debe abandonar a ría
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os representantes dos traballadores de Ence anuncian que irán con ánimo reivindicativo ao pleno
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os traballadores de Elnosa ampáranse na eliminación de emisións de mercurio para que a fábrica siga en Lourizán
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O alcalde rexeita unha entrevista coa dirección de Elnosa porque "non hai nada de que falar"
Por Redacción |