O Ministerio para a Transición Ecolóxica comunica a caducidade da concesión de Elnosa
Por Redacción
O Ministerio para a Transición Ecolóxica trasladou á Subdelegación do Goberno de Pontevedra así como a outras entidades da comarca a declaración de caducidade da concesión outorgada o 15 de decembro de 1971 a "Electroquímica del Noroeste, S.A.".
Con esta declaración conclúe oficialmente a cesión de 12.587 metros cadrados de terreos marítimo-terrestres que a empresa Elnosa ocupaba en Lourizán para a fabricación de cloro e outros produtos anexos.
A decisión xa fora asumida pola actual propietaria da factoría, a multinacional portuguesa Boldanti, que anunciaba o peche de Elnosa para centrar a súa actividade no municipio de Torrelavega onde están a adaptar unha fábrica para a elaboración de cloro con nova tecnoloxía, autorizada pola Unión Europea. Ata alá van desprazarse 17 dos traballadores que formaban parte do plantel de Elnosa ao longo dos vindeiros meses co obxectivo de que esa nova factoría comece a produción a finais de 2019.
Durante os vindeiros dous anos, a firma portuguesa terá que desenvolver traballos de desmantelamento e recuperación dos terreos ocupados na ría de Pontevedra.
Para a Asociación pola Defensa da Ría, que lidera Antón Masa, esta declaración do Goberno supón un éxito colectivo da sociedade pontevedresa, "que loita desde hai xa demasiado tempo pola recuperación da ría e que verá culminado o soño coa saída de Ence de Lourizán", indican desde o colectivo ecoloxista na rede social Twitter.
Relacionadas:
-
Elnosa pon fin a súa presenza en Lourizán: entre todos a pecharon e ela soa pechou
Por Anxo Lourido |
-
Un ano das letras galegas cheo de amor cara a profesora María Victoria Moreno
Por Anxo Lourido |
-
Última protesta dos traballadores de Elnosa coas maletas preparadas para marchar a Torrelavega
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os populares reclaman un plan para atraer empresas que suplan o peche de Elnosa
Por Redacción |
-
APDR celebra o peche de Elnosa e acusa á empresa de ser os "únicos responsables"
Por Redacción |
-
Elnosa confirma o peche da factoría e culpa o Concello pola súa "oposición destrutiva"
Por Redacción |