Rematan as obras de mellora da cuberta do ximnasio do CEIP de Tenorio
Por Redacción
Un total de 35.000 euros veñen de investirse nas obras de mellora da cuberta do ximnasio que se estiveron a realizar no CEIP de Tenorio.
Os traballos, que consisten na reparación das filtracións de auga polo paso do tempo e os cambios na climatoloxía, foron financiados pola Xunta de Galicia, que destinou 23.000 euros ao cambio da cuberta, e polo propio Concello de Cotobade, que aportou outros 12.000 euro para o pintado exterior do pavillón e novas ventás.
Ademais destas obras, a Consellería de Cultura e Educación leva feitas outras melloras neste centro como a substitución do termo eléctrico ou a reforma da instalación do saneamento das augas.
Na visita que realizou este luns ao colexio, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, destacou que nos últimos anos lévanse realizado diversas obras de mellora noutros centros do municipio como a reforma da instalación da fontanaría ou a de gas no CEIP de Carballedo, "contando cun investimento de máis de 160.000 euros entre os centros de educación Primaria e de Secundaria".
Durante a visita o delegado territorial e o alcalde acordaron facer un informe técnico para avaliar a reparación do peche exterior do centro. Deste xeito, a obra será asumida ao 50% por ambas administracións.
Relacionadas:
-
O PSdeG leva ao Parlamento deficiencias no colexio de Tenorio
Por Redacción |
-
Cotobade recepciona e dá por finalizadas as obras de reforma do Pavillón de Tenorio
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Cubela presume de ter acadado máis de 2,5 millóns de euros en investimentos para Cotobade
Por Redacción |
-
O inicio das obras de remodelación no pavillón de Tenorio, inminente
Por Redacción |